Entradas

A DIVERSIDADE FUNCIONAL NO XORNAL

Imagen
FIXEMOS UN OBRADOIRO CON TEXTOS DOS XORNAIS... 

(Profesora: Mª Jesús Gil Castro)

En Lingua Castelá, en 1º de ESO, realizamos unha compilación de noticias e artigos da prensa coa temática da diversidade funcional e fixemos unha análise da linguaxe empregada e do seu contido.




ENQUISA ¿SOMOS UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA?

Imagen
FACEMOS UNHA ENQUISA SOBRE INCLUSIÓN

(Profesora: Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro)

Este traballo foi realizado en 1º de ESO D nas sesións de Lingua Castelá e Matemáticas.

Nunha clase de Lingua redactamos as preguntas e decidimos facer a recollida de datos entre persoas con diversidade funcional e persoas sen diversidade funcional para contrastar os resultados. Tamén acordamos distribuír os datos obtidos en diferentes franxas de idade.

En Matemáticas fíxose a tarefa de representar o cómputo das enquisas en diagramas de barras e de sectores.

As conclusións máis salientables son as seguintes:
O termo "Diversidade funcional" é o máis empregado polas persoas que viven esta realidade.A maior parte das persoas entrevistadas pensan que os estudantes con diversidade funcional deben asistir a centros ordinarios. Percibimos claramente que a maioría opina que as persoas con diversidade funcional distáncianse moito de ter oportunidades para conseguir un traballo.En canto a espaz…

VIDA E MÁIS CA VIDA

Imagen
ENCONTRO CON RUBÉN RIÓS

(Alumnado de 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de PMAR, 4º de ESO C e 1º de BAC C)

Hay persoas, momentos, miradas, sorrisos, palabras...que che revolven a vida, que che abren os ollos, que che descobren a verdade... Si, sempre estivo aí, pero ti non a vías, e parecíache que mirabas na dirección correcta, parecía que todo indicaba hacia onde ti ías, hacia o que ti facías...que equivocada estaba!
Cando pensei en participar no proxecto Aulas I+I, pensei en todos os coñecementos e experiencias que nos podía reportar...pero en ningún momento me imaxinei que o máis importante ía ser o encontro e reencontro con persoas, persoas cheas de vida que che aprenden a mirar de verdade, a rir de verdade, a agarimar de verdade, a escoitar de verdade...
Ver o documental Máis ca Vida e a curtametraxe Vida foi impactante para min, e velos co meu alumnado, ainda o foi moito máis. Neses momentos desexei gravar as súas expresións, bágoas e risas, que reflectían o alcance dunha obra que ven a …

PONTE NA SÚA PEL

Imagen
FOMENTAMOS A EMPATÍA E O COÑECEMENTO DA DIVERSIDADE FUNCIONAL! 

(Profesoras: Belén González Otero, Begoña Prado González e Mª Jesús Gil Castro)

Esta experiencia foi diseñada pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Belén, e levada á práctica nas sesións de Oratoria en 1º e 2º de ESO.




Experiencia "Ponte en su piel" de chusiadai


DEPORTE E DIVERSIDADE FUNCIONAL

Imagen
DEPORTISTAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL: A ÉLITE DO DEPORTE, A ÉLITE DA VIDA!

(Profesoras: Beatriz García, Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro)

Este traballo foi realizado nas sesións de Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, na segunda avaliación, con 1º de ESO C e D.

En Lingua Castelá, presentouse como elemento motivador a análise de dúas noticias deportivas dos últimos xogos olímpicos. Logo, propuxemos a elaboración de exposicións orais nas que o alumnado debería falar dun deportista con diversidade funcional, aportando datos da súa traxectoria vital, deportiva e profesional e centrándose nos seus logros e na súa capacidade de superación.
Os materiais recopilados para as exposicións foron empregados para realizar un mural nas fiestras do salón de actos.

En Matemáticas, empregáronse dúas sesións, na primeira cada alumno ou alumna buscou a información que tiña sobre os atletas paralímpicos dos que fixeran o traballo para Castelán, e elaboraron o enunciado dun problema de ecu…

A HISTORIA NUNHA ESCALEIRA

Imagen
OUTRO EXEMPLO DE METODOLOXÍA INCLUSIVA

(Profesora: Mª Angeles Salgado Iglesias)

Esta é a explicación da profesora Mª Ángeles sobre esta actividade en PMAR:

"Karl Ploetz (1819-1881), erudito alemán, foi o primeiro en usar cronoloxías para o estudo e o ensino da historia mundial. Outros eruditos seguiron o exemplo de Ploetz, en especial o físico alemán Werner Stein (1913-1993), que empregou liñas cronolóxicas sincronizadas para amosar a evolución de diferentes ámbitos da actividade humana (política, relixión, literatura, ciencia e tecnoloxía, etcétera). A chegada da tecnoloxía dixital abriu novas posibilidades na ilustración das liñas cronolóxicas da historia mediante manoscritos, libros, mapas, fotografías e outros documentos que funcionan como fontes primarias. Nós, desde o ámbito sociolingüístico de 2º de PMAR, tratamos de aproveitar este xeito de traballar que combina diferentes disciplinas e diversos tipos de fontes (visual, escrita, sonora) para elaborar unha liña de tempo …

CAFETERÍA ACCESIBLE

Imagen
CARTA DO MENÚ DA CAFETERÍA ADAPTADA

(Profesora: Paula Álvarez Regal)

Despois da visita de CAPACES, asociación de Lugo que traballa na adaptación do entorno para as persoas con TEA, o alumnado de 2º de PMAR pensou en facer para a cafetería do instituto unha carta de menú adaptada.

A adaptación de cartas de menús de restaurantes e cafeterías en Lugo é unha das actividades que realiza CAPACES. A presentación que nos fixeron deste traballo e dos beneficios que reporta para a mellora da independencia e autonomía de persoas con diversidade funcional, fíxonos pensar: e por que non na nosa cafetería?