DEPORTE E DIVERSIDADE FUNCIONAL

DEPORTISTAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL: A ÉLITE DO DEPORTE, A ÉLITE DA VIDA!

(Profesoras: Beatriz García, Belén González Otero e Mª Jesús Gil Castro)

Este traballo foi realizado nas sesións de Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas, na segunda avaliación, con 1º de ESO C e D.

En Lingua Castelá, presentouse como elemento motivador a análise de dúas noticias deportivas dos últimos xogos olímpicos. Logo, propuxemos a elaboración de exposicións orais nas que o alumnado debería falar dun deportista con diversidade funcional, aportando datos da súa traxectoria vital, deportiva e profesional e centrándose nos seus logros e na súa capacidade de superación.
Os materiais recopilados para as exposicións foron empregados para realizar un mural nas fiestras do salón de actos.

En Matemáticas, empregáronse dúas sesións, na primeira cada alumno ou alumna buscou a información que tiña sobre os atletas paralímpicos dos que fixeran o traballo para Castelán, e elaboraron o enunciado dun problema de ecuacións baseándose nos datos que tiñan. A partir dos problemas que o alumnado fixo, elaborouse un boletín que se resolveu na segunda sesión que se adicou a este tema.

Este traballo aportounos moitas satisfaccións, as reflexións do alumnado despois de cada exposición sempre eran moi chamativas, e sempre se fixaban na felicidade e na alegría que transmitía a persoa da que estaban a falar. E o máis maravilloso desta experiencia foi poder coñecer en persoa a Hilda Rodríguez, muller extraordinaria que foi atleta paralímpica e que tivo a infinita amabilidade de vir ao noso instituto a compartir a súas vivencias deportivas co noso alumnado. Moitísimas grazas Hilda!  


e










Comentarios

Entradas populares de este blog

ANTOLOXÍA DE PICTOPOEMAS

VIDA E MÁIS CA VIDA