ENQUISA ¿SOMOS UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA?

FACEMOS UNHA ENQUISA SOBRE INCLUSIÓN

(Profesoras: Beatriz García López e Mª Jesús Gil Castro)

Este traballo foi realizado en 1º de ESO D nas sesións de Lingua Castelá e Matemáticas.

Nunha clase de Lingua redactamos as preguntas e decidimos facer a recollida de datos entre persoas con diversidade funcional e persoas sen diversidade funcional para contrastar os resultados. Tamén acordamos distribuír os datos obtidos en diferentes franxas de idade.

En Matemáticas fíxose a tarefa de representar o cómputo das enquisas en diagramas de barras e de sectores.

As conclusións máis salientables son as seguintes:
  1. O termo "Diversidade funcional" é o máis empregado polas persoas que viven esta realidade.
  2. A maior parte das persoas entrevistadas pensan que os estudantes con diversidade funcional deben asistir a centros ordinarios. 
  3. Percibimos claramente que a maioría opina que as persoas con diversidade funcional distáncianse moito de ter oportunidades para conseguir un traballo.
  4. En canto a espazos de ocio adaptados, observamos como as persoas que non teñen diversidade funcional descoñecen se existen e se están ben adaptados, en cambio, as persoas usuarias destes espazos afirman maioritariamente que é necesario mellorar a súa adaptación. 
  5. E por último, hai que salientar que as persoas con diversidade funcional pensan que na cidade de Lugo non hai suficientes prazas de aparcadoiro adaptadas e que ainda queda moito que facer pola accesibilidade.

    

Comentarios

Entradas populares de este blog

DEPORTE E DIVERSIDADE FUNCIONAL

ANTOLOXÍA DE PICTOPOEMAS

VIDA E MÁIS CA VIDA