VIDA E MÁIS CA VIDA

ENCONTRO CON RUBÉN RIÓS

(Alumnado de 1º de ESO, 2º de ESO, 3º de PMAR, 4º de ESO C e 1º de BAC C)

Hay persoas, momentos, miradas, sorrisos, palabras...que che revolven a vida, que che abren os ollos, que che descobren a verdade... Si, sempre estivo aí, pero ti non a vías, e parecíache que mirabas na dirección correcta, parecía que todo indicaba hacia onde ti ías, hacia o que ti facías...que equivocada estaba!
Cando pensei en participar no proxecto Aulas I+I, pensei en todos os coñecementos e experiencias que nos podía reportar...pero en ningún momento me imaxinei que o máis importante ía ser o encontro e reencontro con persoas, persoas cheas de vida que che aprenden a mirar de verdade, a rir de verdade, a agarimar de verdade, a escoitar de verdade...
Ver o documental Máis ca Vida e a curtametraxe Vida foi impactante para min, e velos co meu alumnado, ainda o foi moito máis. Neses momentos desexei gravar as súas expresións, bágoas e risas, que reflectían o alcance dunha obra que ven a reconciliarnos coa xente, que ven a dicirnos ben forte "OUTRO MUNDO É POSIBLE".

Moitas grazas a Rubén Riós por cedernos o seu traballo e o seu tempo, por acercarnos ás súas vivencias, aos seus soños...e facernos partícipes do seu proxecto.

Moitas grazas a todas as persoas que fixeron posible Vida e Máis ca Vida.

Moitas gracias a TADEGA por Aulas I+I.

  
     


Comentarios

  1. ....e hai compañeiros e compañeiras que conseguen facer de ti unha persoa mellor, que conseguen aumentar a ilusión coa que cada mañá nos diriximos ao traballo, que conseguen facer que un queira máis.....máis experiencias de VIDA.....gracias Chus por invitarnos a participar neste Proxecta, por ser a nosa coordinadora e levarnos a compartir as experiencias que vivimos neste curso que xa remata....queremos MÁIS....porque esta experiencia foi MÁIS QUE VIDA

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

DEPORTE E DIVERSIDADE FUNCIONAL

ANTOLOXÍA DE PICTOPOEMAS

PROXECTA "DONAS DE SÍ": MURAIS NAS PORTAS DAS AULAS